Pablo Fernández, 1ºC de ESO.
O día 9 de decembro as aulas de 1º de ESO do centro conectáronse á unha actividade virtual en directo, a primeira proposta deste curso do Gabinete de Didáctica e Atención ao Público do Museo do Mar de Galicia. A actividade formaba parte da exposición “Museo (do ermitán) Man”, inaugurada o mércores 30 de setembro do pasado ano, e coa que se rendía homenaxe ao artista de orixe alemán Manfred Gnädinger, máis coñecido como Man de Camelle (pódese acceder á información do Museo do Mar de Galicia na seguinte ligazón: http://museodomar.xunta.gal/es/explora/1788/exposicion-temporal-museo-do-ermitan-man).




A exposición contaba con máis de seiscentas fotografías, escritos e debuxos. Non foi ata anos despois da súa morte que se comprobou a magnitude e calidade da súa obra, cando se accedeu á súa vivenda para recuperar os seus bens. Moitas das imaxes expostas foron retocadas polo autor, que modificou as medidas orixinais, pintou directamente sobre elas ou engadiu comentarios ou contornos. Asemade, a exposición contaba con documentos escritos con explicacións sobre a súa visión da arte ou debuxos levados a cabo en papel polos visitantes do seu xardín, así como anotacións en alemán, aforismos, comentarios filosóficos ou reflexións sobre a súa propia obra a modo de manifestos.




O suplemento La Voz de la Escuela do mércores 18 de novembro (completo na ligazón: https://www.lavozdegalicia.es/default/2020/11/18/00171605687894346187212/Fichero/20201118_La_Voz_de_la_Escuela.pdf) faciase eco dos 18 anos da traxedia do Prestige, e destacaba o adeus a a este singular artista, o home que morrera de pena o ano da maior catástrofe ambiental da península.

O proxecto expositivo complementábase cunha réplica a escala real da casa museo levada a cabo polos arquitectos Creus e Carrasco, e cun documental inédito sobre a vida de Man rodado por Joan Mallarach na década de 1980.


E precisamente sobre a casa museo o Gabinete de Didáctica e Atención ao Público do Museo do Mar de Galicia deseñou unha unidade didáctica, a casa como refuxio e como obra de arte na natureza.


Os docentes repartiron as unidades didácticas entre o alumnado de 1º de ESO, ao que se lle suxeriu que, logo de construir a réplica a escala, a ubicara en contornas singulares e a fotografaran. A continuación amosamos algún dos traballos realizados.










