PRIMEIRO TRANSECTO DO PROXECTO “AVES NO CAMPUS”.

O xoves 5 de novembro, ás 10 h, seguindo o calendario establecido o 29 de outubro (ver a entrada https://naturezaula.salesianosourense.com/2026/10/presentacion-do-proxecto-aves-no-campus/) levamos a cabo o primeiro transecto do Proxecto “Aves no Campus”.

De esquerda a dereita: na fila superior, Yael, Yi, May, Cleo e Quique; na fila inferior, Martín, Gabriel, María, Iria e Moncho.

Esta iniciativa da Asociación Amigas das Cegoñas, conta coa colaboración do Proxecto Ambiental de centro NaturezAula, a Asociación Estudantil Universitaria Beira do Miño, a Oficina de Medio Ambiente (OMA) da Universidade de Vigo e o Programa de Educación Ambiental Voz Natura. A actividade, un traballo de Monitorización, Diagnóstico e Intervencións para a Conservación da Biodiversidade Urbana, achega un claro compromiso de conservación activa: transformar a recollida de datos en medidas directas de xestión sustentable, restauración ecolóxica e mellora da calidade ambiental do Campus Universitario de Ourense.

Nancy Blanco, coordinadora de Ecoloxistas en Acción Ourense e de Amigas das Cegoñas, explicou a organización do transecto, aclarando as dúbidas dos voluntarios e pautando o procedemento a seguir.

Empregando a aplicación Merlin Bird ID, de CornellLab (https://www.merlinbirds.org/es/pagina-de-inicio/), puidemos identificar nove especies de aves entre as 10 e as 10:30 h. A función Audio ID desta aplicación graba o son en tempo real, mostra suxestións de que especies están a cantar e permite comparar a grabación coa súa base de datos de cantos, traballando incluso sen conexión logo de descargar os paquetes da túa contorna.