Teresa Grau López agardaba polo grupo na aldea de A Boca, na parroquia de San Martiño, unha das 22 que compoñen o territorio do Concello de Sober. En Galicia, parroquia é a denominación que reciben as entidades colectivas de poboación, que teñen a súa orixe nas parroquias eclesiásticas. Ven sendo a división territorial tradicional dos concellos, e cada parroquia comprende unha ou varias entidades singulares de poboación, chamadas lugares. Según o nomenclátor estadístico de Galicia, no 2019 había un total de 3.771 parroquias nesta comunidade autónoma. Na versión actualizada, aprobada o luns 30 de marzo de 2026, (https://toponimia.xunta.gal/es/nova/aprobado-el-nuevo-nomenclator-de-galicia), en Galicia hai 42.909 topónimos se sumamos os 313 concellos, 3.788 parroquias e 38.808 lugares ou entidades de poboación.