OUTONO EN ENSINO INFANTIL.

Durante todo o mes de outubro, alumnado e mestres de Ensino Infantil estivemos a traballar o Proxecto de Outono, unha completa proposta educativa na que aprendemos unha manchea de cousas sobre esta bonita estación.

Os máis cativos do colexio están a disfrutar un montón facendo diferentes actividades de outono, pintando con pintura de dedos (3 anos)…

… coñecendo froitos típicos desta estación, facendo series con diferentes follas secas (4 anos)…

… e levando a cabo actividades de grafomotricidade (5 anos).

A carteleira Voz Natura do centro, situada no pórtico do edificio de EI, ESO e BAC, recolle durante estas semanas unha escolma fotográfica do alumnado responsable deste espectacular traballo, plasmado nos corredores e nas paredes das aulas dos distintos cursos.