OUTONO EN ENSINO INFANTIL.

A pasada semana alumnado e mestres de 6º de Ensino Infantil comezamos a traballar o Proxecto de Outono, unha proposta educativa maravillosa e moi intensa na que aprendemos unha manchea de cousas sobre esta bonita estación.

O traballo a través das intelixencias múltiples permítenos acadar as metas de comprensión con éxito e facelo de xeito dinámico e divertido.

No xardín do noso cole recollimos froitos e follas secas das árbores, e levamos todo á aula para traballar. Partimos as follas, apreciando as sons que producen, e cos anaquiños resultantes completamos a superficie de debuxos en papel.

Na aula (empregando fichas, contos e cancións) traballamos con algúns dos froitos típicos da estación, distinguindo entre secos e carnosos, de textura suave ou áspera, de sabor doce ou amargo… E fixemos estampados nun precioso mural de outono.

Tamén levamos a cabo impresións con témperas, traballando formas e cores. Agardamos que vos guste a nosa actividade.