Estas son as manualidades que levaron a cabo en Infantil polo Magosto.
O alumnado de 4º fixo unha postal cunha poesía, na que elas e eles recolleron as follas nos xardíns do colexio. Despois colorearon unha castaña que colocaron sobre a folla a modo de cabeza.
O alumnado de 5º empregou material de refugallo para elaborar un castiñeiro que decoraron con pintura de dedos e ceras.
O alumnado de 6º, empregando tamén material de refugallo, fixo un xoguete para encestar, probando puntería para tentar meter a castaña na canasta.
Primeiro coloreamos e recortamos a castaña.
Logo empregamos pegamento para pegar o pelo e as pernas da nosa amiga a castaña.
As profes fixeron os buratos e ataron as castañas aos nosos xoguetes para evitar que nos mancáramos.