Saúdos e benvidos ó noso blog.
O 26 de setembro, sábado, os coordinadores do proxecto participamos na ruta #sonÁRBORE, organizada por Sustinea en colaboración coa Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN) e o Ateneo. A actividade tiña como obxectivo dar a coñecer o patrimonio arbóreo da cidade de Ourense, ademáis de proporcionar un espazo de reflexión en movemento, onde compartir coñecementos e ideas sobre a xestión do arboredo urbano e as distintas tipoloxías de espazos verdes da cidade.
Nun grupo reducido e sempre en espazos abertos, dada a emerxencia sanitaria pola COVID19, percorrimos varios espazos emblemáticos da cidade, tendo como guías de excepción a Juan Higueras, da SGHN, e a Mariano Sánchez, conservador do Real Xardín Botánico de Madrid. Ambos compartiron cos asistentes unha manchea de coñecementos, curiosidades e opinións expertas, nun ambiente distendido, de diálogo e desfrute dos distintos espazos.
Empregando unha app que permitía o acceso voluntario e anónimo desde os dispositivos móviles, as organizadoras plantexaron unha serie de cuestións en distintas ubicacións; das respostas a esas cuestións xurdiron interesantes debates e momentos de reflexión.
Unha actividade moi enriquecedora e interesante, que terá continuidade na exposición #sonÁRBORE.
Todas e todos os que formamos o equipo VOZ NATURA do centro animámosvos a que participedes actívamente nas actividades programadas para este curso, sempre con seguridade e responsabilidade. Vémonos !!!