O 28 de marzo, nesta ocasión sen actos nas rúas dado que coincidiu co confinamento polo estado de alarma, celebrouse desde os balcóns e as fiestras a HORA DO PLANETA, unha iniciativa a nivel mundial promovida polo Fondo Mundial para a Natureza (WWF nas súas siglas en inglés). Esta campaña botou a andar en 2007 en Sidney, impulsada por WWF Australia, e agora suma a 190 países e territorios, coa participación de miles de entidades e millóns de persoas en todo o mundo durante ese día.
Podedes consultar a campaña na seguinte ligazón: https://www.wwf.es/nuestro_trabajo/clima_y_energia/hora_del_planeta
Así seguimos desde Salesianos-Ourense a proposta de lanternamorse na HORA DO PLANETA:
O audiovisual elaborado coas aportacións da comunidade educativa pode verse na seguinte ligazón: https://youtu.be/SsPQDQoB5n8
Esta iniciativa do Fondo Mundial para a Natureza foi recollida por La Voz de Galicia o día 29 de marzo.