V Xornada ConCiencia.

A tarde do pasado luns o alumnado de Cultura Científica de 1º de Bacharelato tivo a oportunidade de presenciar, na Aula Magna do centro, a charla de Susana Bayo Besteiro, Licenciada en Física (especialidade en Atmósfera e Medio Ambiente) e investigadora do EPhysLab (Environmental Physics Laboratory) no Programa Campus da Agua, da Uvigo.

Nesta ocasión (tratábase da quinta visita da poñente ó noso centro, dentro das actividades formativas do proxecto, e foi o colofón ás Xornadas Conciencia deste curso) a charla sobre Cambio Climático centrouse na cuestión ¿Realmente nos lo creemos?

Coa súa oratoria e cunha gran capacidade para centrar a atención do alumnado, repasou conceptos básicos sobre a realidade do Cambio Climático e presentou unha manchea de datos rigurosos e de rabiosa actualidade.

Os furacáns son fenómenos climáticos extremos de zonas lonxanas, e non poden chegar a Galicia, a que non?

Non sei, non sei… igual é tempo de replantexarnos algunhas «certezas».

O furacán Ophelia foi unha tormenta moi forte que impactou en Irlanda e Gran Bretaña como ciclón extratropical, a tormenta máis dura en tocar terra en Irlanda e o peor ciclón extratropical que impactou en Irlanda e no Reino Unido en términos de danos desde a gran tormenta de 1987. Ophelia tiña a súa oríxe non tropical, e se desenvolveu a partir dunha fronte fría en decadencia que se estancara sobre o Atlántico Norte. Chegou ás illas fronte á costa de Noruega con ventos de ata 45 kilómetros por hora.

Pois en Galicia foi o responsable da virulencia da vaga de lumes de outubro de 2017, algo nunca visto !!!

É precisa unha reflexión seria e un troco de actitude, porque non temos un «planeta B».

En moitos lugares do mundo xa están a dar pasos neste sentido…

… e a poñente convidounos a participar de xeito activo, colaborando en The Climate Reality Project, e tamén no día a día, con pequenos xestos que mitiguen esta realidade en crecemento.

Para rematar, Susana Bayo fíxonos partícipes dun audiovisual que chama a atención da cidadanía ante este problema. Podedes velo no seguinte enlace:

https://youtu.be/I6XUNzmSs9k

Con esta interesantísima ponencia rematamos a oferta formativa para o alumnado «Xornadas ConCiencia» deste curso 2018-2019, con poñentes de primeiro nivel, investigadores e profesionais destacados nos seus campos, sempre dispostos a colaborar de xeito altruista e desinteresado co proxecto Voz Natura do noso centro.