A semana pasada o alumnado de 2º EP, acompañado polas titoras e varias/os educadoras/es, percorreu o sendeiro periurbano en sentido antihorario, saíndo do colexio e remontando o curso do río Barbaña ata a Praza de Abastos.
No percorrido pola beira este do Barbaña tiveron ocasión de ver exemplos de fauna e flora representativas deste afluente do Miño ó seu paso pola cidade.
As/os educadoras/es amosáronlle ó alumnado os postos de venda da Praza de Abastos e continuaron cara As Burgas.
Todas e todos visitaron o Centro de Interpretación das Burgas, descubrindo unha manchea de curiosidades sobre os mananciais termais e a súa historia.
De volta ó sendeiro, xa de camiño ó colexio, houbo tempo para o xogo no parque da rúa Avilés de Taramancos.