Láminas de papel vexetal.

O alumnado de Educación Plástica, Visual e Audiovisual (EPVA) de 3º de ESO comezou a elaborar unha serie de láminas de papel vexetal co obxectivo de aplicar elementos pictóricos exclusivos en cada unha delas. A primeira é a lámina na que teñen que empregar únicamente o punto. A continuación amosamos algúns dos traballos que están a realizar.


O alumnado traballa con papel vexetal cortado en A5 sobre fotografías a cor publicadas neste blog, empregando sempre rotuladores 0.2 non recargables.

Cando rematen a serie (teñen que facer outra lámina con liñas, outra con manchas e unha última na que poden empregar todos os elementos), faremos outra entrada cunha selección dos mellores traballos acompañados das fotografías orixinais.