Visita á exposición “O Ártico rompe”, de laCaixa, no Xardín do Posío.

A exposición «O Ártico rompe» ten como obxectivo xeral mostrar a singularidade dos ecosistemas do Ártico e evidenciar a importancia das súas características físicas e da súa biodiversidade no clima global. A partir das impactantes fotografías do prestixioso fotógrafo Andoni Canela, e percorrendo os catro ámbitos da exposición, o alumnado descubre o clima ártico, as adaptacións dos seus animais e plantas, dos seus habitantes… e pode observar auroras boreais.

Estes son algúns dos grupos do noso centro que visitaron esta interesante exposición.

Esta exposición tenta acadar os seguintes obxectivos:

Apreciar a necesidade de preservar as características físicas do Ártico, así como a súa biodiversidade, en relación coa súa influencia no clima global.

Recoñecer como a acción humana, a través das emisións de gases invernadeiro, está a influir na destrucción dos ecosistemas árticos e acelerando o cambio climático global.

Descubrir as principais características dos ecosistemas árticos, coñecer ás persoas que os habitan e comprender os seus fenómenos meteorolóxicos máis destacados, así como o seu clima en xeral.

Apreciar como a ciencia nos axuda a coñecer, comprender e preservar o mundo no que vivimos.

De non existir o Polo Norte, a Terra sería tan diferente que non a poderíamos recoñecer. Coas impactantes fotografías de Andoni Canela, fotógrafo de natureza que ten viaxado por todo este espectacular territorio, puidemos descubrir a decisiva influencia do Ártico en todo o planeta.

Esta exposición conta coa colaboración do Concello de Ourense; os grupos escolares realizaron visitas guiadas acompañados por monitoras e monitores da laCaixa e polos docentes do Seminario de Ciencias Experimentais, do Seminario de Xeografía e Historia e do Seminario de Matemáticas do centro.