Entre os días 23 e 25 de outubro todo o alumnado do último curso de ensino infantil percorreu o tramo do sendeiro periurbano que une o colexio co parque do Barbaña.
Acompañadas/os por Estrella, Marta, Raquel, Irene, Isa, Andrea, Laura, Aldara e Sinda achegáronse ata o parque do Barbaña, equipados con luvas e bolsas para apañar o lixo presente nas inmediacións do sendeiro.
Como se pode apreciar nas imaxes, recolleron moitos obxectos, en particular envases.
Tamen houbo tempo para o xogo, antes de voltar ó colexio.
Ben seguro que esta actividade fai que nas casas, no cole, no traballo, na rúa… teñamos máis coidado coas cousas que tiramos, tentando evitar que cheguen ó medio ambiente. Grazas a todas/os !!!