Chegou o outono e voltaron as actividades de VOZ NATURA ó noso centro !!!
E chegou cunha dose extra de motivación. Sabedores de que é unha estación xenial, tempada de castañas, avelás e noces… como as que o alumnado de sexto de infantil recollemos na horta escolar do centro o día 17 deste mes.
Atopamos tamén outras cores, en tomates e pementos, dos que dimos boa conta…
Pronto teremos que plantar, como cada ano. E se algo aprendimos e que, aínda que caian as follas con cores moi diferentes, as árbores seguen en pé.
E o día 19 o alumnado de quinto de ensino infantil estivemos a escoitar e contar o conto «Un máis», coa colaboración do EDLG do cole.
Ata pronto !!!