O xoves 26 de abril, o alumnado de Cultura Científica de 1º de Bacharelato, acompañado polos docentes desta asignatura, tivo a oportunidade de visitar as instalacións da Estación Depuradora de Augas Residuais (E.D.A.R.) de Ourense, desprazándose ata a mesma en bus urbano e voltando ó centro no mesmo medio de transporte. A visita formaba parte das actividades propostas por VIAQUA-Servizo Municipal de Augas para facilitar o acceso da cidadanía a esta infraestrutura, co obxectivo de concienciar á poboación sobre o consumo responsable da auga e as particulariedades da xestión sostible desta preciada sustancia.
Ó baixar do bus urbano apreciamos o actual estado da antiga depuradora, transformada nun espazo verde de uso público, con acceso ó Paseo das Ninfas.
Ó rematar a explicación, levounos ó edificio de pretratamento, onde observamos de preto como se recepciona a auga que chega directamente da rede de saneamento da cidade.
Posteriormente, pasamos á zona de decantación lamelar…
… e á de tratamento terciario.
Para rematar a visita, pasamos polo edificio de proceso de fangos e os dixestores.
A visita durou unha hora e media, e levouse a cabo pola mañá. De volta no centro, voltamos ó horario académico. A actividade foi organizada polos docentes do Seminario de Ciencias Experimentais en colaboración con VIAQUA-Servizo Municipal de Augas de Ourense.