Maquetas topográficas

A pouco de comezar o terceiro e último trimestre deste curso, o alumnado de Cultura Científica de 1º de Bacharelato, en coordinación cos docentes da asignatura e distribuído en grupos de entre 6 e 7 persoas, retomou o traballo das/dos compañeiras/os de cursos anteriores, continuando co labor que iniciamos en xaneiro de 2016.

Como en cursos pasados, nas primeiras sesións o alumnado levou a cabo unha aproximación á altimetría, familiarizándose con distintos conceptos relacionados coa mesma (como as curvas de nivel, a equidistancia, a escala…), para, ós poucos, ir trasladando o aprendido ó proceso de elaboración das maquetas.

Algúns grupos «herdaron» pezas da maqueta inacabadas o curso pasado, coa intención de rematalas nas vindeiras semanas. Outros tiveron a oportunidade de comezar unha peza nova, para continuar avanzando na elaboración deste puzzle de quince pezas.

Entre este curso e o próximo, coas 15 pezas rematadas, comezarán as tarefas de acabado e decoración, das que agardamos poder amosarvos o traballo levado a cabo polo alumnado, como ata agora.