Exposición en préstamo do CEIDA sobre Cambio Climático.

A exposición sobre Cambio Climático do CEIDA (Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia), co título «O noso mundo, o noso futuro, a nosa opción» chegou ó centro a pasada semana. Varios docentes do Seminario de Ciencias Experimentais encargáronse da súa montaxe. Poderá visitarse no laboratorio de Bioloxía e Xeoloxía e no laboratorio de Física ata o vindeiro xoves 8 de marzo.

Os paneis da exposición veñen acompañados de material audiovisual e dunha unidade didáctica para poder traballar contidos relacionados co Cambio Climático, adicando especial atención á repercusión das actividades humanas e as medidas que podemos tomar ante esta situación.

O alumnado de secundaria e bacharelato está a visitar estes días a exposición, traballando por grupos ou de xeito individual algunhas das tarefas propostas na unidade didáctica.

3ºA de ESO, 26 de febreiro.

3ºB de ESO, 27 de febreiro.

3ºC de ESO, 27 de febreiro.

4ºB de ESO, 27 de febreiro.

1ºB de Bacharelato (Cultura Científica), 01 de marzo.

Podemos desfrutar desta exposición grazas ó traballo conxunto dos integrantes do Seminario de Ciencias Experimentais e da Comisión de Laboratorios e Museo de Ciencias do centro, en colaboración co CEIDA e con Voz Natura.