Aproveitando que esta semana remata o período de préstamo da exposición sobre Cambio Climático cedida polo CEIDA, o alumnado de distintos cursos, empregando a rede wifi do centro e consultando distintas páxinas na web, indagou e profundizou no estudo deste fenómeno.
Algunhas das referencias serviron para procurar información sobre a evolución do clima en Galicia, como http://siam.xunta.gal/presentacion-do-proxecto-cligal. Outras, como http://www.inega.gal/eficienciaenerxetica, destacaban a importancia da eficiencia enerxética. E nalgunha ata atoparon datos comparativos e exemplos cotiás da nosa sociedade de consumo e das consecuencias deste no clima, como en https://www.youtube.com/user/consumehastamorir.
Estes son algúns dos grupos que visitaron a exposición durante estes días.
A vindeira semana, Susana Bayo Besteiro, licenciada en Física (especialidade en Atmósfera e Medio Ambiente), investigadora da Universidade de Vigo e colaboradora en distintas iniciativas no eido da divulgación científica, visitará o centro para dar unha charla sobre este tema. Deica entón.