O pasado día 7 de febreiro o alumnado e a xente que os acompañamos neste proxecto puidemos desfrutar dunha tarde acabando de dar forma a un proxecto que se iniciou polo mes de setembro.
Recén chegados ás aulas plantexouselles este proxecto que aceptaron con ilusión e gañas espoñendo como motivacións:
- Proxecto duradeiro, non facer por facer.
- Practicidade.
- Un proxecto en distintas fases con todos os conceptos do curso.
- Traballo cooperativo, similar ó dunha empresa real.
- Colaborar con distintas fases do noso centro.
A partires de aí comezou un proceso de deseño que levou casi un mes. Durante este tempo estudiaron a forma, os materiais, a orientación, os tipos de plástico para o recubrimento, a temporalización e estudaronse diversos presupostos de empresas que nos sumistrarían os materiais.
Todo esto plasmouse en planos e presentouse o director do centro para a súa aprobación.
A partir deste momento comezou o proceso de construción. O primeiro foi preparar as columnas que iban soster o invernadeiro, posteriormente os marcos e finalmente a porta, as ventás e o tellado.
A media que uns ian cortando e preparando para o ensamblaxe final, outros deron a primeira man de pintura para protexer a madeira das inclemencias meteorolóxicas.
Tralo Nadal, só quedaban pequenos detalles que fumos rematando entre exames e a festa de DonBosco, foron días estresantes, pero conseguimos rematalo dunha maneira satisfactoria.
Finalmente o pasado mércores e aproveitando unha tarde soleada levamos a cabo a montaxe da estrutura no horto escolar. O longo da tarde recibimos a visita do portavoz do comité científico de Voz Natura, Alejandro Díaz Sueiro, que deu consellos e ideas para a terceira fase do proxecto: os automatismos e melloras para aproveitar todos os recursos o noso alcance.
O resultado final non sería posible sen a axuda de Pepe, que tras 33 anos de servicio no centro está a punto de xubilarse e dende aquí tamén queremos darlle as gracias por todo.