Continuando coa tradición doutros anos, o alumnado de 3º de ESO adicou boa parte das clases de Educación Plástica Visual e Audiovisual do segundo trimestre a interpretar sobre papel vexetal imaxes das entradas deste blog empregando como recursos o punto, a liña, a mancha e unha combinación dos tres anteriores, utilizando en todo momento rotuladores non recargables de punto tipográfico fino, tamaño de liña 0.2 mm. A continuación amosamos unha selección das fotos escollidas e dos traballos levados a cabo polo alumnado.
Arriba á esquerda, lámina levada a cabo empregando exclusivamente PUNTOS. Arriba á dereita, con LIÑAS. Abaixo á esquerda, a lámina de MANCHAS. Abaixo á dereita, a lámina na que empregaron TODOS ESTES ELEMENTOS PICTÓRICOS.
Destaca a calidade dos traballos e, como curiosidade, que alumnado de distintos grupos de 3º ESO seleccionou a mesma imaxe para levar a cabo a serie de láminas, o que nos permite comparar distintos traballos empregando o mesmo recurso, e que desfrutemos de distintas opcións creativas.
Para rematar esta entrada amosamos ós protagonistas deste magnífico traballo, que estará exposto nas carteleiras das tres aulas de 3º ESO ata ben entrado o último trimestre, para desfrute dos propios autores e do resto da comunidade educativa.