Conferencia de Susana Bayo Besteiro sobre o Cambio Climático

Como prometimos na entrada do 8 de marzo, eiquí tedes a información sobre a visita ó centro de Susana Bayo Besteiro, licenciada en Física, especialidade en Atmósfera e Medio Ambiente. É membro do Climate Reality Project de Al Gore desde 2007. En novembro de 2014 foi convidada a participar no Climate Reality Leadership Corps Training, que reuniu en Rio de Janeiro durante tres días a 750 líderes climáticos de 55 paises. Foi Concelleira de Medio Ambiente do Concello de Ourense entre 2012 e 2015. Na actualidade forma parte dun grupo de investigación da Universidade de Vigo e colabora con distintas iniciativas no eido da divulgación científica.

Nesta ocasión, ó comezo da súa ponencia, Susana tivo unhas palabras para lembrar o papel do físico Stephen Villiam Hawking, finado onte.

A conferencia, na Aula Magna do centro, estivo dirixida ó alumnado de 4º de ESO que cursa Bioloxía e Xeoloxía e ó alumnado de 1º de Bacharelato matriculado en Cultura Científica.

A poñente fixo referencia, entre outras moitas cuestións, ó incremento dos episodios de contaminación atmosférica das grandes cidades, á situación dos encoros dos nosos ríos, ás tormentas e furacáns, ós cambios bruscos na meteoroloxía…

… para rematar comentando a situación da enerxía eólica e solar no noso país.

A conferencia rematou coa consigna do poeta estadounidense Wallace Stevens, e cunha sinceira reflexión sobre o futuro da nosa especie e a importancia dos nosos actos na cuestión do Cambio Climático.