Composteamos?

Ola, son Ánxela. Co meu compañeiro Carlos estamos a levar a cabo un proxecto de altas capacidades que consiste en reutilizar lixo orgánico producido no noso centro (restos de cortar a herba dos xardíns, mondas de pataca e froitas do comedor…) Queredes ver que facemos?

Para reutilizar ese lixo, imos a empregar uns composteiros de plástico cedidos polo Concello de Ourense. O primeiro día estivemos a elaborar unhas táboas para medir distintos parámetros relacionados co proceso de degradación da materia orgánica (temperatura, humidade, pH, altura…)

IMG_8576IMG_8582

A idea que guía o noso proxecto esta extraída dos obradoiros de «Ciudad Ciencia» Ah!!,Que non sabedes o que é? Aí vos deixo o enlace por si vos interesara:

http://www.ciudadciencia.es/talleres/parcelas-agricolas-escolares/

ciudad ciencia

Por hoxe máis nada. Manterémosvos informados con novas entradas. O composteiro agárdanos.