Láminas en papel vexetal

Durante o segundo trimestre do curso, o alumnado de 3º de ESO levou a cabo unha serie de láminas en papel vexetal nas clases de E.P.V.A. A proposta consistiu en que, tomando como referencia fotografías da galería deste blog, aplicaran os contidos traballados na aula en relación ó punto, á liña e á mancha, empregando rotuladores do grosor 0.2.

05

06

11

Entre outros, a actividade tiña como obxectivo acadar a sensibilización do alumnado e concienciar sobre a importancia dos ecosistemas autóctonos e a súa conservación.

09

10

07

08

O docente amosou ó alumnado as fotografías colgadas no blog ou expostas no taboleiro Voz Natura, e se lles convidou a seleccionar as imaxes sobre as que ían traballar. O traballo de creatividade levouse a cabo nas aulas.

14

15

16

17

Ó remate do trimestre colocaron na aula as láminas coa fotografía escollida, a modo de tira, na mesma orde da súa elaboración (puntos, liñas, manchas e todo), como pode apreciarse nas seguintes imaxes.

19

21

22

23

Durante este mes pódese desfrutar dunha selección das mesmas no taboleiro Voz Natura presente no patio do centro.

24

25