Na entrada do 1 de abril de 2017 compartíamos o roteiro didáctico ambiental levado a cabo polo alumnado de 1ºB de ESO polo tramo noreste do sendeiro periurbano de Ourense. O día do roteiro nos acompañaron dous alumnos de 3ºB de ESO: Nicolás Cid Rancaño e Guillermo Núñez Rodríguez. Ambos colaboraron tomando fotos e grabando videos para poder elaborar un audiovisual da actividade. Destacamos que Guillermo empregou un VANT (vehículo aéreo non tripulado) para captar a realidade do periurbano desde unha perspectiva á que non estamos moi afeitos.
O alumnado participante seguiu con expectación as maniobras do VANT, guiado con pericia por Guillermo.
Desde a súa posición, a cámara do VANT grabou videos que se empregaron para montar o audivisual. Eiquí temos unha mostra de como se nos veía desde as alturas.
A cámara do VANT grabou desde distintas localizacións, seleccionadas polo profesorado ó longo do percorrido, coa finalidade de destacar a diversidade de ambientes e o valor das distintas partes do mesmo.
Nas seguintes imaxes pode apreciarse a innovación e as posibilidades do emprego educativo dunha ferramenta como o VANT.
O audiovisual pode verse no seguinte enlace: https://youtu.be/vrzOTNwqfec. Agardamos que vos guste.