Maqueta topográfica

Continuando co traballo iniciado no curso 2015-2016, o xoves 2 de marzo comezamos a actividade coa presentación, por parte dos docentes de Cultura Científica de 1º de Bacharelato, dos contidos relativos ó sistema de altimetría e o procedemento seleccionado para elaborar unha maqueta tridimensional do Concello de Ourense e parte dos concellos limítrofes, co obxectivo de sobreimpresionar o percorrido do sendeiro periurbano e facilitar a comprensión dos mapas e das curvas de nivel.

01

Print

Seguimos a metodoloxía de traballo do curso 2015-2016, sobre 15 pezas de 70 x 33 cm, co obxectivo de facilitar o proceso de elaboración e posterior ensamblaxe do conxunto das pezas. No curso pasado o alumnado rematou as pezas C2, A3, B3 e C3, como podía verse na entrada deste blog do 16 de xuño de 2016. Porén, nalgunhas curvas de nivel da peza C3 empregaron cartón de dobre capa, polo que a maqueta resultou sobredimensionada (ó colocala á beira das outras, as alturas non coincidían). Por este motivo, os docentes pediron a un dos grupos de 1ºB do presente curso que a levaran a cabo de novo. A proposta dos docentes, o alumnado de Cultura Científica de 1º de Bacharelato distribuíuse en distintos grupos (catro grupos en 1ºA e tres grupos en 1ºB) para traballar no local do taller do edificio de Ensino Primario, con tarefas ben limitadas e cunha marcada intención rotacional (marcar curvas de nivel sobre láminas de cartón, cortar láminas, encolar as pezas cortadas…).

Print

A primeira fase da elaboración da maqueta (construcción da estrutura tridimensional de cartón) comezou na clase do luns 20 de marzo de 2017, continuando ata esta semana.

04

05

06

07

08

09

10

11

12

14

13

As tarefas de construcción están bastante avanzadas logo de dez sesións no local do taller do edificio de Ensino Primario.

15

16

17