Roteiro Didáctico Ambiental polo concello de Parada de Sil

O día 15 de maio, o alumnado de 3º de ESO tivo a oportunidade de participar nun roteiro didáctico ambiental polo concello de Parada de Sil. A visita comezou no río Mao. O alumnado percorreu a pasarela pola beira esquerda do río desde a Fábrica da luz ata ó acceso de Barxacova, desfrutando da biodiversidade do entorno e aprendendo cos paneis e materiais divulgativos distribuidos por toda a senda.

01

02

03

04

05

06

07

Guillermo Núñez Rodríguez, nesta ocasión acompañando á xente do seu curso, trouxo o seu VANT (Vehículo Aéreo Non Tripulado) e grabou secuencias en distintos puntos de interese durante todo o día.

08

09

10

11

A visita tivo continuidade en Parada de Sil, visitando o miradoiro de Os Torgás (tamén coñecido como Balcóns de Madrid), un lugar que lembra a emigración e as aventuras en terras descoñecidas. Logo contemplaron o Pozo do Lobo, enxeñosa trampa medieval para un inimigo doutro tempo (os máis vellos lembran con dificultade ver o lobo por estes lares; os que quedan no Monte Meda non dan comido ós porcos bravos e os corzos, que acaban paseando polas aldeas).

12

13

14

En terra de castiñeiros, e sen perder de vista ó Sil, a seguinte parada foi no Mosteiro de Santa Cristina de Ribas de Sil.

15

16

17

18

19

20

De volta a Parada, un alto en Castro, para desfrutar dos seus miradoiros.

21

22

E antes de voltar a casa, visita á Casa Museo do Chocolate. Situada na localidade de Teimende, nunha antiga fábrica completamente restaurada e acondicionada, comezou a procesar e comercializar este doce produto a finais do século XIX, e abriu as súas portas como Casa Museo en maio de 2015.

23

24

A visita foi organizada polos docentes do Seminario de Ciencias Experimentais e polos docentes do Seminario de Tecnoloxía, en colaboración cos coordinadores do Equipo Voz Natura do centro.