Roteiro didáctico ambiental por ASTURIAS e LEÓN

Dado que un dos obxectivos do noso Proxecto pasa pola sensibilización do alumnado na conservación e coidado do entorno, que mellor xeito que achegar ás mozas e mozos a distintos centros de interese para amosar a diversidade de espazos dentro e fora da nosa comunidade. Na procura dese obxectivo, os días 8, 9 e 10 de marzo, o alumnado de 2º de bacharelato tivo a oportunidade de levar a cabo un roteiro didáctico ambiental que percorreu distintos lugares de Asturias e León.

01

A primeira parada do noso itinerario foi en Sobradelo de Valdeorras, para visitar a planta de tratamento de lousa de Pizarras Samaca.

02

Salvador amosounos como se traballa nunha planta deste tipo, por que procesos pasa o material extraído da montaña e como se procesa para a súa comecialización. Tamén nos falou da tecnoloxía que se emprega, dos custes, do rendemento… Antes de abandonar a planta, achegámonos á depuradora de augas e falamos sobre as posibilidades de emprego do entullo.

03

04

05

06

07

08

Logo trasladámonos á canteira Juanita, onde nos explicou como se traballa na extracción a ceo aberto.

10

09

De camiño paramos no encoro de Barrios de Luna para desfrutar da espectacular paisaxe.

11

Pola tarde visitamos o MUMI (Museo da Minería e da Industria) en El Entrego, Asturias. A completísima visita a colección de ferramentas, instrumentos, documentos e outros materiais asociados a minería nesta comarca de Asturias hai que sumarlle a da galería subterránea, onde se explica o traballo diario dos profesionais deste sector.

12

13

14

Ó día seguinte, en Oviedo, visitamos o Centro de Interpretación do Prerrománico Asturiano.

15

16

17

Ó remate da visita guiada, con explicacións detalladas sobre historia e arte, visitamos o pazo de Santa María del Naranco e o templo de San Miguel de Lillo.

18

19

A seguinte parada, camiño do destino desa tarde, foi no Porto de Pajares, onde desfrutamos dunhas impresionantes vistas.

20

Máis tarde, visitamos a cova de Valporquero de Torío, e as súas espectaculares formacións kársticas.

21

22

23

24

25

Todavía con boa luz desfrutamos da parada nas Hoces de Vegacervera.

26

Pasamos esa noite no albergue Valdesol, en La Vecilla de Curueño.

27

Pola mañá do terceiro día visitamos o Museo da Fauna Salvaxe de Valdehuesa.

28

29

Nun enclave privilexiado, dispón dunha das coleccións de especies de fauna máis completas do mundo.

30

31

A visita complétase cun percorrido en 4×4 para achegarse a fauna en semiliberdade, nun espazo de arredor de 40 ha.

32

33

34

35

36

O Museo da Fauna Salvaxe tamén dispón dunha completa colección entomolóxica, con exemplares de todo o mundo.

37

Para rematar o noso percorrido, esa mesma tarde visitamos o Parque Arqueolóxico Cultural de Las Médulas, no Bierzo. A visita comezou pola Galería de Orelllán, para que o alumnado puidera descubrir o Ruina Montium (cortas de minado) dos romanos.

38

39

Logo de pasar polo miradoiro de Orellán, descendimos polo souto de castiñeiros ata a vila de Las Médulas, facendo as paradas obrigadas na Cuevona e na Encantada.

40

41

42

43

44

Desfrutamos dunha climatoloxía favorable e descubrimoss unha manchea de cousas, aprendendo fora da aula e consolidando contidos traballados na mesma. A actividade foi organizada polos responsables do Seminario de Ciencias Experimentais en colaboración co equipo Voz Natura e os docentes do Seminario de Arte.