Conferencia sobre cambio climático

O alumnado de 1º de bacharelato, acompañado do alumnado de Ciencias da Terra e do Medio de 2º de bacharelato, asistiu esta mañá a unha conferencia sobre cambio climático, na aula magna do centro. Susana Bayo Besteiro, licenciada en Física (especialidade en Atmósfera e Medio ambiente) foi a encargada de facer chegar ó alumnado unha manchea de datos actualizados, dado que forma parte do Climate Reality Project de Al Gore desde 2007. En novembro de 2014 foi convidada a participar no Climate Reality Leadership Corps Training, que reuniu en Rio de Janeiro durante tres días a 750 líderes climáticos de 55 paises. Foi Concelleira de Medio Ambiente do Concello de Ourense entre 2012 e 2015.

A presentación da divulgadora, dinámica e de rigurosa actualidade, amosaba diapositivas que serviron para achegar ó alumnado á realidade do cambio climático, destacando o obxectivo marcado polo IPCC (Intergovernmental Panel on Climate Change) de non acadar a subida dun grao máis na temperatura media do planeta.

Para rematar a ponencia, a divulgadora aportou datos sobre o cambio climático en Galicia, tentando transmitir ó alumnado a idea de que non se trata dun proceso alleo, que estea a afectar únicamente a xente e seres vivos de territorios afastados, dos que únicamente temos novas pola prensa.

11

O profesorado do Seminario de Ciencias Experimentais do centro encargouse da organización da actividade.