Charla sobre plantas exóticas invasoras, do Profesor Luis González

O día 17 de marzo, o Dr. Luis González, profesor e investigador do Departamento de Bioloxía Vexetal da Universidade de Vigo, compartiu co alumnado de 2ºB de bacharelato unha interesante charla sobre especies vexetais exóticas invasoras. A clase tivo lugar na Aula Magna do centro, entre as 13 e as 14:10 h.

01

02

03

Luis leva visitándonos desde 2013, polo que cinco promocións de bacharelato tiveron a oportunidade de achegarse á realidade das plantas exóticas invasoras desde a perspectiva investigadora deste biólogo, que coordina o grupo de traballo da Universidade de Vigo sobre este complexo asunto.

04

05

De feito, un dos obxectivos do noso Proxecto pasa por entender mellor o fenómeno de dispersión de Acacia dealbata nos terreos colindantes ó sendeiro periurbano de Ourense, para poder plantexar distintas actuacións que tentan limitar o seu avance. A participación no Programa de Educación Ambiental VOZ NATURA fixo posible que o alumnado do centro participe actívamente na restauración ambiental das zonas afectadas por esta planta con elevada capacidade invasora.

06

Febreiro de 2017. Val do río Loña desde a estación de RENFE.

07

Febreiro de 2017. Monte do Seminario desde o barrio do Vinteún.

08

Marzo de 2017. Val do río Loña desde Ceboliño.

09Marzo de 2017. Detalle do val do río Loña desde Ceboliño.

06

07

Unha das ferramentas presentadas por Luis para colaborar no seguemento destas plantas é a aplicación Invasoras.gal, que permite, desde os teléfonos móbiles que conten con sistema Android, fotografiar e localizar con precisión as plantas para que se incorporen a un sistema de seguemento informático. Así, os investigadores poden elaborar mapas detallados e estudar as posibles actuacións segundo a zona.

12

A charla de Luis está integrada desde o inicio do noso Proxecto na proposta de actividades complementarias do Seminario de Ciencias Experimentais do centro.