O pasado luns 16 de xaneiro, ás 17:40 h, na Aula Magna do centro, o alumnado de 1º de bacharelato asisitiu á charla de Antonio Rigueiro Rodríguez, Biólogo e Catedrático da Universidade de Santiago de Compostela, coordinador do Departamento de Producción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría da Escola Politécnica Superior do Campus de Lugo.
A clase maxistral versou sobre «Árbores e Arboredas Senlleiras de Galicia«, e forma parte das actividades propostas polo Programa A Ponte da USC. Durante a mesma, o Profesor Antonio Rigueiro fixo referencia a moitas destas árbores e arboredas, singulares entre outros motivos polas súas dimensións, a súa idade, pola situación xeográfica ou polo seu significado sociocultural. Tamén adicou algúns minutos a comentar a lexislación vixente e os beneficios da mesma para estes organismos vexetais.
Nota: as fotografías sinaladas cun * foron proporcionadas polo Profesor Antonio Rigueiro.