Galicia conservando a natureza (exposición do CEIDA).

Entre os días 6 e 23 de febreiro, a comunidade educativa terá a oportunidade de visitar a exposición en préstamo do CEIDA Galicia conservando a natureza. Esta exposición consta de 22 paneis, nos que se leva a cabo un percorrido polos espazos naturais máis representativos da nosa comunidade autónoma. Os visitantes poderán achegarse á Rede Natura 2000, ó Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia, ós Parques Naturais, ás ZEPAS, ós humidais protexidos, ás figuras dos Monumentos Naturais… todo sen sair da sala de música do primeiro andar do edificio de EI, ESO e Bacharelato.

2017 02 06 Cartel informativo

01

02

05

O alumnado de 1º A de Bacharelato estivo a traballar esta mañá sobre os documentos didácticos elaborados polo profesorado para sacarlle o máximo partido a esta exposición.

03

04

06

07

08

A actividade está organizada polo Seminario de Ciencias Experimentais, en colaboración co CEIDA, a Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia e o Programa de Educación Ambiental VOZ NATURA.