O alumnado de Cultura Científica de 1º de Bacharelato rematou as primeiras catro pezas da maqueta topográfica do sendeiro periurbano, traballo planificado polos docentes do Seminario de Ciencias Experimentais para o curso 2015-2016. Como podedes ver nas seguintes fotografías, posaron cos seus traballos e os mapas sobre os que traballaron.
O coidado e precisión co que levaron a cabo o traballo permite unha coidada presentación, onde as pezas coinciden perfectamente, cunha calidade que facilitará a súa ensamblaxe logo de levar a cabo a fase II, de cobertura e decoración, prevista para os vindeiros cursos.
Noraboa polo bo traballo realizado, e a desfrutar do descanso !!!