Conferencias do SEPRONA sobre prevención de lumes forestais.

O venres 27 de maio, na Aula Magna do centro, alumnado de 5º de EP (entre as 11:00 e as 12:00) e de 3º de ESO (entre as 12:30 e as 13:20) participou nunha charla sobre prevención de lumes forestais a cargo de Arturo, axente da Garda Civil de Ourense, adscrito ó Servizo de Protección da Natureza (SEPRONA).

03

04

05

01

Arturo levou a cabo unha presentación con información detallada sobre os lumes forestais, sobre o seu custe ambiental, socioeconómico, patrimonial… e sobre como actuar en caso de detectar algún lume, telefoneando inmediatamente ó 112 ou ó 062. Tamén animou ó alumnado a que tanto eles como a xente da súa contorna colaboren nas tarefas de investigación das posibles causas dos lumes, unha auténtica lacra no estado, na autonomía e, en particular, na provincia de Ourense.

06

02