O alumnado de Cultura Científica ten moi avanzadas as tarefas da primeira fase da maqueta topográfica, naquelas pezas que se van a levar a cabo durante este curso.
Por esta razón, comezaron a indagar sobre distintas posibilidades decorativas para cando levemos a cabo a segunda fase. que neste curso será unha proba piloto sobre unha das pezas realizadas.
Cada grupo ten de prazo ata o martes 05 de abril para presentar o seu proxecto, que será comentado e analizado por un xurado, composto por profesoras/es e alumnas/os doutros cursos, ata seleccionar o que se aplique sobre unha das pezas, unha vez rematada a primeira fase.
Ánimo e a amosar toda a vosa creatividade !!!