Intervención sobre masas de Acacia dealbata nos terrenos colindantes ó sendeiro periurbano.

O día 1 de abril, parte do alumnado de 2º de bacharelato matriculado en Ciencias da Terra e do Medio adicou a mañá a retirar e cortar exemplares de Acacia dealbata dos terreos colindantes ó sendeiro periurbano, nas proximidades do Castro de Santomé.

0102

Para tentar que o camiño non se peche, e contando coa colaboración do antigo alumno Daniel Joga, empregamos motoserra cos exemplares de máis idade. Ó tempo, e con axuda de ferramentas, arrincamos aquelas plantas máis novas, que están a comezar o seu desenvolvemento, evitando a súa proliferación. É moi importante arrincar as raíces para evitar que os mesmos individuos volten a brotar, impedindo deste xeito que continúen a súa actividade invasiva.

07040506

Logo dun merecido descanso, desfrutando do entorno do río Loña ó seu paso por Castadón, plantamos exemplares de Quercus robur (obtidos grazas ó traballo do miniviveiro do alumnado de 1ºB de ESO) co obxectivo de restaurar ambientalmente a zona afectada pola invasión de Acacia dealbata.

1507080910

Na seguinte comparativa pode apreciarse o resultado da retirada das mimosas e a coidada restauración cos plantóns de carballos.

11

As mimosas cortadas, como xa fixéramos na edición do pasado curso, quedaron preparadas para empregar como leña na festa do Magosto, na que moita xente da cidade pasa o día nos montes que rodean Ourense, facendo lume e preparando o xantar coa familia e os amigos.

1213

Despedimos a mañá cunha foto desde o mirador de Santomé, coa cidade ó fondo.

14