Visita ó bosque de Ridimoas.

Os días 9 e 10 de maio, o alumnado de 2º de ESO visitou o bosque de Ridimoas, en Beade. Na primeira quenda foron as/os alumnas/os de 2ºA e 2ºC, acompañados por Gustavo, Álvaro e Quique. O martes, as/os alumnas/os de 2ºB, con Enma e Gustavo. En ambas ocasións, contamos coa compaña, a sabedoría e o agarimo pola natureza e as cousas ben feitas de Pablo Rodríguez Fernández «Oitabén», fundador e presidente da asociación que está a recuperar este enclave (máis información en http://ridimoas.wix.com).

00

Nun primeiro intre, Oitabén convidou ó alumnado a analizar e debuxar algúns elementos arquitectónicos preto da igrexa de Beade, simulando ós canteiros e constructores do medievo. As/os participantes levaban con eles os cadernos facilitados pola asociación para unha mellor comprensión das actividades que se estaban a levar a cabo, como a tarefa de interpretación do Calvario de Beade.

01

03

04

De camiño ó bosque, tivemos a oportunidade de coñecer algunhas das cegoñas (Ciconia ciconia) do Ribeiro, que saudaron á chegada de Oitabén co seu característico crotoreo. Entre elas, Celia, que con 27 anos é unha das veteranas na reintroducción da especie na comarca. Tamén pasamos un ratiño con Manchas, inseparable compañeira de aventuras de Oitabén por estes bosques. Puidemos desfrutar da primicia do comic «Viaxe as cegoñas», rematado hai pouco, e cunha morea de datos rigurosos sobre a etoloxía desta especie, sen que falten anécdotas e contos.

05

07

08

06

Oitabén amosounos un anaco dun piñeiro caído, do que se aproveitou para cortar a parte na que un peto real (Dendrocopos major) criara hai uns anos no bosque de Ridimoas, como se pode ver na secuencia filmada o 30 de maio de 2014 polo fotógrafo Mani Moretón (https://www.youtube.com/watch?v=xDPRTNvmZX8.).

09b

10

Para chegar ó bosque, ascendimos polo Camiño Real dos Arrieiros, que comunicaba Ribadavia con Pontevedra, e do que Oitabén tamén elaborou un comic no ano 2015 (máis información en http://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/beade/2015/07/25/oitaben-recupera-nun-comic-camino-dos-arrieiros-pontevedra/0003_201507O25C10993.htm).

11

12 Camiño Real a Pontevedra (arrieiros)

As Acacia dealbata tamén foron protagonistas, dado que en Ridimoas levan décadas loitando contra a súa proliferación. O bosque de Ridimoas manifesta unha notable recuperación desde que comezaron as actividades ambientais da asociación, nos anos 70. Durante este tempo, mantívose alonxado do perigo dos lumes forestais e apréciase a recuperación de masas de frondosas, como Quercus robur e Arbutus unedo.

13

14

17

Pouco antes de rematar, tivemos a oportunidade de observar as píntegas (Salamandra salamandra gallaica), que están a desenvolver o seu ciclo vital no bosque.

15

16

O noso agradecemento á asociación cultural e ecolóxica para a defensa e estudio dos bosques autóctonos Ridimoas, e en particular a Pablo Rodríguez Fernández «Oitabén».

18