O alumnado de 4ºC da ESO recollen sementes

O luns 04 de novembro, entre as 16:00 h e as 17:40 h, o alumnado de 4ºC de E.S.O. participou nunha actividade de recollida de sementes de especies autóctonas. Esta actividade levouse a cabo fora do centro, camiñando pola beira esquerda do río Miño, entre a Ponte Vella e a desembocadura do río Loña, e no parque que este río ten no seu treito final. Esta actividade forma parte do programa VOZ NATURA, e foi organizada e deseñada polos integrantes do Seminario de Ciencias en colaboración co axente forestal Xosé Santos.

O axente forestal Xosé Santos amosou as distintas tipoloxías de sementes dalgunhas especies autóctonas, axudando a diferencialas e indicando o tratamento que hai que darlle a cada tipo para o seu uso na restauración de espazos forestais afectados polo lume. Destacaron as sementes de pradairo, carballo, castiñeiro e noceira; e tamén houbo referencias ás foráneas, como a robinia, a herba da pampa e as acacias.

A actividade terá continuidade a vindeira semana coa sementeira no Montealegre, no espazo arrasado polo lume a comezos do mes de setembro deste ano. Este espazo, próximo ás vivendas da Granxa, está atravesado polo PR-G 58, sendeiro periurbán de Ourense, obxeto de traballo do proxecto do centro no programa VOZ NATURA.

Como peche desta entrada amósovos unhas fotos da actividade realizada:

06