Roteiro didactico polo sendeiro periurbano ourensán

O luns 01 de febrero de 2013, entre as 08:30 h e as 17:00 h, o alumnado de Ciencias da Terra e do Medio de 2º de Bacharelato participou nun roteiro didáctico polo sendeiro periurbano de Ourense (actividade complementaria organizada polo Seminario de Ciencias dentro do Programa VOZ NATURA). Esta actividade levouse a cabo fora do centro, camiñando pola beira esquerda do río Miño, entre a Ponte Vella e a desembocadura do río Loña, seguindo polo parque que este río ten no seu treito final, desfrutando do Sendeiro Ambiental do Loña, ascendendo logo ó Castro de Santomé polo Camiño Real, cruzando o Loña polo paso de Castadón, seguindo ata a praza da vila de Ceboliño, e ascendendo ata a estrada que comunica Montealegre con Pereiro de Aguiar. Dende alí, ata a pista forestal que comunica Pereiro de Aguiar con Santa Mariña, para continuar ata Zaín e dende alí ata Seixalbo, dende onde voltamos á cidade seguindo o curso do río Barbaña ata a desembocadura deste no Miño no entorno do Pavillón dos Remedios.

Entre os obxectivos desta actividade destacan a posibilidade de familiarizarse co trazado do sendeiro, comproba-lo estado do percorrido e tomar notas e fotografías para incorporar nos deseños dos carteis informativos nos que participará o alumnado.

Esta actividade forma parte do programa VOZ NATURA, e foi organizada e deseñada polos integrantes do Seminario de Ciencias en colaboración coa concellería de medio ambiente, e terá continuidade o vindeiro curso coa elaboración e presentación da cartelería do sendeiro en colaboración coa concellería de medio ambiente, a concellería de turismo e a concellería de deportes do concello de Ourense.

Como remate deste artículo deixovós algunhas fotos da actividade levada a cabo e o recorte de prensa do xornal a Voz de Galicia data (02-03 2013):

2013 02 03 La Voz de Galicia 06