Como ben vos acordades a pasada semana fomos a recoller sementes e agora era o tempo de plantalas así que o venres 15 de novembro, entre as 08:30 h e as 14:10 h, 11 alumn@s de 4º de E.S.O. participaron nunha actividade de sementeira de especies de árbores autóctonas. Esta actividade levouse a cabo fora do centro, en terreos propiedade da Mancomunidade de Montes de A Granxa. Esta actividade forma parte do programa VOZ NATURA, e foi organizada e deseñada polos integrantes do Seminario de Ciencias en colaboración co axente forestal Xosé Santos e co coordinador da Aula de Natureza do Miño, Luis Herminio Amigo Estrada.
De camiño á propiedade onde sementar, o alumnado tivo a oportunidade de visita-la exposición enArbolar no invernadeiro do Parque Botánico de Montealegre. A Fundación Félix Rodríguez de la Fuente presenta esta exposición en colaboración coa Deputación de Valencia, o IMELSA, o Programa LIFE e a REDE NATURA 2000.
Xa nos terreos de A Granxa, o axente forestal Xosé Santos amosou as distintas tipoloxías de sementes dalgunhas especies autóctonas, axudando a diferencialas e indicando o tratamento que hai que darlle a cada tipo para o seu uso na restauración de espazos forestais afectados polo lume. Destacaron as sementes de pradairo, carballo e noceira; logo desta charla didáctica e seguindo as indicacións do axente forestal, o alumnado levou a cabo a plantación dun freixo (cedido pola Consellería de Medio Rural) e das sementes recollidas o día 04 de novembro. O espazo seleccionado para a sementeira, en colaboración cos vecinos de A Granxa, está atravesado polo PR-G 58, sendeiro periurbán de Ourense, obxeto de traballo do proxecto do centro no programa VOZ NATURA.
Para o desenvolvemento desta actividade o seminario de ciencias confeccionou un cartel para esta actividade
A nosa actividade tivo presenza nas redes sociais e nos medios de comunicación, xa que de xeito aparecimos no facebook do programa Voz natura e no xornal da Voz de galicia da data 08-12-2013. Aqui ensino a captura de pantalla do facebook e o recorte de prensa.
Como sempre o docente da actividade realizou instantáneas do desenvolvemento da actividade. Amosovos algunhas delas.