O 28 de febreiro o alumnado de 2º de Ensino Primario asistiu na Aula Magna do centro a unha charla sobre o lobo.
A charla foi unha iniciativa da Aula de Natureza do Miño, da Concellería de Educación do Concello de Ourense. O seu coordinador, Luis Herminio Amigo Estrada, foi o encargado de presentar ó poñente, Pablo Atrio. Con charlas como esta, a Concellería de Educación tenta fomentar a participación cidadá nos aspectos relacionados coa contorna urbana, ó través da sensibilización, formación e educación, para achegar á poboación o coñecemento da realidade ambiental, xerando unha maior conciencia ecolóxica na procura do equilibrio medioambiental.
O poñente comezou a charla proxectando un anaco do audiovisual “Tras la sombra del lobo” (Jara y Sedal, RTVE 1996), que podedes ver na seguinte ligazón: https://www.youtube.com/watch?v=W28tUS6_D2g
Durante a súa presentación, amosou moitos materiais relacionados co estudo e seguemento destes animais…
… ademáis de trampas, moldes de pegadas, cranios…
… e unha manchea de curiosidades e anécdotas que chamaron a atención do alumnado.
Queremos amosar a nosa gratitude co poñente e co coordinador da Aula de Natureza do Miño por facer posible que esta actividade se levara a cabo no noso centro.