O xoves 13 de febreiro o alumnado de 4º, 5º e 6º de ensino primario, acompañados polos seus titores e outros docentes, pasamos o día en A Coruña.
O alumnado de 4º visitamos o Aquarium Finisterrae, o terceiro dos Museos Científicos Coruñeses, onde aprendemos cousas sobre a vida de diversas especies mariñas e sobre a biodiversidade dos océanos; tivemos a oportunidade de ver como alimentaban ás quenllas e ás focas.
Tamén visitamos a Torre de Hércules, o faro en funcionamento máis antigo do mundo; amosáronnos os restos da base da torre e subimos á parte superior, desde onde puidemos admirar as marabillosas vistas de A Coruña.
O alumnado de 5º visitamos o castelo de San Antón, una antiga fortaleza construida no século XVI. Entre os séculos XVI e XVIII empregouse como infraestrutura defensiva e prisión; máis tarde foi utilizado como lazareto para aillar ós mariños que chegaban á cidade afectados dalgunha enfermidade infecciosa. Declarado Monumento Histórico Artístico no 1949, desde 1994 pasou a ser considerado como un Ben de Interese Cultural con categoría de Monumento. Desde a súa inauguración en 1968, alberga o Museo Arqueolóxico e Histórico de A Coruña.
Máis tarde visitamos a Casa das Ciencias, o primeiro dos Museos Científicos Coruñeses.
O alumnado de 6º visitamos o DOMUS, o segundo dos Museos Científicos Coruñeses, e o primeiro museo interactivo do mundo adicado ó ser humano. O edificio, obra do arquitecto nipón Arata Isozaki, conta con máis de 150 módulos interactivos para divertirse e reflexionar sobre as características da especie humana.
O MUNCYT, o Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía, dispón de tres sedes, dúas na Comunidade de Madrid e a que visitamos en A Coruña. Este equipamento actúa como referente social e punto de encontro en materia científica e tecnolóxica desde a consideración de que cada individuo ten un papel importante que desempeñar en ciencia e tecnoloxía.
Foi un día moi divertido e de moita actividade. Queremos voltar de visita canto antes !!!