Se o pasado día 14 parte do alumnado de 1º ESO desfrutou dunha agradable xornada polo sendeiro periurbano (achegándose ós valores patrimoniais e ambientais deste percorrido), este luns a oportunidade foi para o alumnado de 1ºA e a outra metade de 1ºC, acompañados polos mesmos docentes, Maika e Gustavo.
A continuación ofrecemos algunhas instantáneas da xornada, marcada polas altas temperaturas e a sensación abafante durante boa parte da mesma.
Ó chegar á penichaira de Montealegre levaron a cabo a plantación programada…
…se ben nesta ocasión contaron coa colaboración de dous compañeiros moi especiais, Clémentine e Axel, representando ó grupo de compañeiras e compañeiros do Edouard Herriot, de La Roche Sur Yon, que pasaron uns días de intercambio lingüístico na nosa cidade, correspondendo á estancia do alumnado de 3ºESO do noso centro nesa localidade hai varias semanas.
Ó remate da tarefa continuaron polo sendeiro ata Santa Mariña, onde agardaron polo bus urbano para voltar á cidade.
Esta actividade, organizada polos responsables do Seminario de Xeografía e Historia e do Seminario de Ciencias Experimentais, forma parte do ciclo de roteiros programados polo centro para que o alumnado de ESO-Bac teña a oportunidade de descubrir os valores ambientais e culturais da contorna da cidade e da provincia.