Outro curso que remata !!! E boa parte do alumnado de 1º de bacharelato levou a cabo un esforzo extra para entregar rematadas as pezas asignadas da maqueta topográfica. A continuación podemos ver o seu traballo.
Na seguinte imaxe pódese apreciar a coincidencia entre as pezas correspondentes ás seccións C1 (arriba, curso 2016-2017) e C2 (abaixo, curso 2015-2016).
Como pode verse na seguinte imaxe, comeza a apreciarse a entidade da maqueta completa, á falta de concluir varias pezas, o que agardamos que se poida levar a cabo no curso 2017-2018.