Láminas de outono, actividade do alumnado de EPVA de 1º ESO B

En entradas anteriores compartimos algunhas imaxes do roteiro didáctico polo Parque Natural O Invernadeiro. No taboleiro adicado a Voz Natura (no pórtico do centro) tamén se colocaron instantáneas desa actividade, moi comentadas polas familias que a diario pasan por diante do mesmo.

00

O alumnado do grupo B de 1º de ESO, inspirado polas imaxes das/dos compañeiras/os, empregou témperas para levar a cabo dúas láminas adicadas ó outono, como actividade da clase de EPVA. Nunha delas imitaron as cores das follas. Na outra, reproduciron as paisaxes do outono. Amosamos a continuación unha selección das mesmas.

09

07

12

03

08

02

11

10

05

06

Estas láminas quedarán expostas no taboleiro de Voz Natura ata a volta das festas de nadal.

01