O venres 22 de xaneiro visitou o centro Marcos Rodríguez Pantoja, coñecido como o neno salvaxe de Serra Morena. A visita foi organizada polo Seminario de Ciencias Experimentais en colaboración coa Concellería de Educación do Concello de Ourense.
Luis Herminio Amigo Estrada, coordinador da Aula de Natureza do Miño, foi o encargado de presentar a Marcos ante a mirada expectante do alumnado de 5º e 6º de ensino primario, reunido na Aula Magna do colexio. De feito, durante as semanas previas á visita, o alumnado tivo a oportunidade de visionar nas aulas a película «Entrelobos», que narra a historia deste cordobés, esquecido dos seus conxéneres durante 12 anos nun val aillado da Serra Morena.
O alumnado tamén participou da actividade elaborando unha serie de láminas sobre o tema, que foron encuadernadas e entregadas ó poñente ó remate da charla.