O día 24 de febreiro, Antonio Rigueiro, Catedrático da Universidade de Santiago de Compostela, ofreceu unha interesante conferencia ó alumnado de CTM de 2º de Bacharelato. A charla, organizada en colaboración co programa A Ponte da USC, estivo centrada na diversidade de bosques de Galicia, en especial os autóctonos, e destacou a existencia dunha parte do territorio cuberta por estas árbores, características da nosa latitude e bioclimatoloxía.
A conservación destas fragas e a súa singulariedade acadou a atención e a participación do alumnado durante a clase de Ciencias da Terra e do Medio Ambiente.