CONFERENCIA SOBRE O CAMBIO CLIMÁTICO

O luns 07 de decembro, o alumnado de Bacharelato do centro tivo a oportunidade de asisitir a unha conferencia de Susana Bayo Besteiro* sobre a COP21 de París, na que fixo referencia ó Cambio Climático e as medidas que se están a tomar para tentar minimizar os seus efectos. Esta actividade levouse a cabo en colaboración coa Concellería de Educación do Concello de Ourense.

DSC_0128 DSC_0118 2015 12 07 Twitter TimeStamp:2015/05/28 09:35:00.000, Protocol:smb, Destination:srvpofsportos

* Susana Bayo Besteiro é licenciada en Física, especialidade en Atmósfera e Medio Ambiente. Desde 2007 é membro do Climate Reality Project de Al Gore (proxecto internacional de loita contra o Cambio Climático). En novembro de 2014 foi convidada a participar no Climate Reality Leadership Corps Training, que reuniu en Rio de Janeiro durante tres días a 750 líderes climáticos de 55 paises. Concelleira de Medio Ambiente do Concello de Ourense de 2012 a 2015.