26 alumnas e alumnos de 1º de Bacharelato, a proposta dos responsables do Seminario de Ciencias Experimentais, participaron nun roteiro didáctico polo Parque Natural de Invernadeiro entre os días 19 e 21 de outubro. Tiveron a oportunidade de levar a cabo varias andainas nas que puideron observar fauna do espazo natural como gamos (Dama dama), cabras montesas (Capra pyrenaica), águia real (Aquila chrysaetos)… así como moitos rastros de lobo (Canis lupus), raposo (Vulpes vulpes), corzo (Capreolus capreolus), xabarín (Sus scrofa)… e fauna invertebrada, reptís e anfibios. Aproveitaron tamén para decatarse do bo estado de conservación e da evolución da masa forestal en sucesión ecolóxica, desfrutando da estancia na Aula de Natureza e da boa acollida por parte do personal do Servizo de Conservación da Natureza de Ourense.