1º ESO RECICLA O ACEITE USADO DOMÉSTICO.

O xoves 17 de marzo, entre as 11:45 e as 12:30, docentes de ESO-BAC do Seminario de Ciencias Experimentais presentaron ao alumnado de 1º de ESO a campaña RECICLA O ACEITE USADO DOMÉSTICO, organizada polo Concello de Ourense. Esta actividade remata o ciclo de actuacións iniciado en novembro co alumnado de Infantil e Primaria (ver entradas do blog:  https://naturezaula.salesianosourense.com/2021/11/6o-de-infantil-recicla-o-aceite-usado-domestico/https://naturezaula.salesianosourense.com/2021/11/5o-ep-recicla-o-aceite-usado-domestico-2/ e https://naturezaula.salesianosourense.com/2022/01/5o-ep-recicla-o-aceite-usado-domestico-3/).

A iniciativa ten como obxectivo sensibilizar e concienciar sobre a necesidade de recoller o material de refugallo de xeito selectivo, incidindo especialmente na separación e recollida do aceite usado doméstico, para facilitar a súa posterior reciclaxe. Non está de máis lembrar que 1 litro de aceite usado contamina 1.000 litros de auga, como nos lembran nos cinco últimos minutos do audiovisual “En movimiento” do programa “Reduce tu huella”, emitido por La2 de RTVE o 31 de outubro do ano pasado (podedes visionalo na seguinte ligazón: https://www.rtve.es/alacarta/videos/reduce-tu-huella/reduce-tu-huella-movimiento/5701191/).

Con este propósito visitounos o Concelleiro de Medio Ambiente, Jorge Pumar, acompañado por Raúl González e Luis Baños, que agasallaron ao alumnado e aos docentes das tres aulas con afilalápis con forma de contedor de SOGAMA, pequenas láminas informativas imantadas (para poñer, por exemplo, na porta dos refrixeradores) e funís que permiten verter esta parte do lixo en envases de plástico de xeito limpo e seguro.

Os funís veñen provistos dunha rosca e dunha peza azul adaptada que fan posible a compatibilidade con distintos tipos de bocas de envase, todas elas de plástico (envase tipo no que se debe depositar o aceite usado doméstico nos máis de cen contenedores despregados polas rúas da cidade), o que facilita a recollida do aceite usado na casa.

Cada alumna/o trouxo unha botella baleira da casa, e entre Jorge Pumar e Gustavo Monroy, docente do Seminario de Ciencias Experimentais, con axuda do alumnado encheron as botellas con aceite usado procedente da cociña do centro, que se encarga de elaborar a diario o xantar de boa parte do alumnado do colexio.

Ao remate da actividade o alumnado levou cadanseu contedor, imán e funil, e os docentes quedaron con imáns para repartir entre todo o alumnado e profesorado de ESO e BAC. As botelliñas, cheas de aceite usado, estaban listas para ir parar a un dos contedores distribuidos pola cidade. Queda agardar polas fotos das familias amosando a participación activa na campaña, levando máis e máis botellas das súas casas aos contedores.

Estas tres fotografías tomounas Bibiana Martínez Valladares en 1ºA de ESO, e compartiu as mesmas para esta entrada.

18 de marzo, La Región e La Voz de Galicia                       20 de marzo, Vida (La Región)              23 de marzo, Xornal Escolar (La Región).