5º EP RECICLA O ACEITE USADO DOMÉSTICO.

Este 26 de xaneiro, Día Mundial da Educación Ambiental, publicamos esta entrada como continuación da que fixemos o 28 de novembro de 2021 (podedes consultala en: https://naturezaula.salesianosourense.com/2021/11/5o-ep-recicla-o-aceite-usado-domestico-2/).

Para darlle continuidade á campaña de recollida selectiva de aceite usado doméstico, iniciada polo alumnado de Infantil o 18 de novembro, o xoves 2 de decembro entre as 10:15 e as 11:15 o alumnado das tres aulas de 5º de Primaria visitou a cociña do centro, onde se distribuiu aceite usado (recollido na propia cociña, que se encarga de elaborar a diario os menús para boa parte do alumnado e moitas familias e docentes) entre o alumnado.

Cada alumna/o trouxo unha botella baleira da casa, e unha vez chea de aceite usado estaba lista para ir a parar a un dos contedores distribuidos pola cidade.

Nas seguintes semanas e ata ben entrado o 2022 o alumnado e as súas familias contribuíron activamente na campaña levando máis e máis botellas das súas casas aos contedores, como se amosa nas seguintes imaxes.

Asemade, esta actividade terá continuidade no 1º curso de Secundaria, que tamén participará na campaña de recollida selectiva de aceite usado doméstico.